15 ago. 2011

Resultados da I Bandeira Reganosa

Despois do problema do día 23 de Xullo a I Bandeira Reganosa levouse a cabo o pasado sábado, 13 de Agosto. A forte corrente na ría fixo que non fora posible montar o campo de regatas para a competición en quendas de cinco embarcación polo que finalmente a regata disputouse en modo contrarreloxo.


Ver I Bandeira Reganosa nun mapa máis grande

Nun día cun vento cambiante aínda que non de moita intensidade, no ceo alternáronse durante toda a tarde claros e nubes, o que non desanimou o abundante público a presenciar a competición.




Na primeira quenda impúxose a traíña mugardesa empuxada polos ánimos dos xiareiros locais cun tempo de 22:10,22 que serviríalle para acadar a décima posición na clasificación final. Acadando con este resultado subir un posto na clasificación da Liga, ascendendo a duodécima posición.



Na segunda quenda facía o mellor tempo a traíña de Salgado-Perillo cun tempo de 21:39,90 e na terceira impoñíase con autoridade Amegrove, cun tempo de 20:34,36. O equipo do Grove con esta vitoria levaba a bandeira e igualaba a traíña de Samertolomeu do 2006 no seu record de 11 vitorias consecutivas na Liga Galega de Traiñeiras.


Ó remate da regata Emilio Bruquetas Director Xerente de Reganosa entregaba a bandeira ó patrón da traíña de Amegrove dende a embarcación disposta para as autoridades, rematando o evento coa entrega de premios ós clubs. Os premios foron entregados por María Dolores Faraldo Botana vicepresidenta da Deputación da Coruña, Xosé Fernández Barcia alcalde de Mugardos, Xosé Antón Bouza Concelleiro de Deportes de Mugardos, Iria Rodriguez Martinez relacións públicas de Gadisa, Mónica Fernández Linares Primer Teniente Alcade de Mugardos e Carlos Vales Director de Explotación de Reganosa.

Galería fotográfica (42 fotos)
Resultados da I Bandeira Reganosa "LGT"
Amegrove no tiene rival en la LGT "todoremo.com"
Amegrove se impuso en la Bandeira Reganosa en Mugardos "El Diario de Ferrol 14/08/2011"
Amegrove ondea la Bandera de Reganosa al ganar contrarreloj "La Voz de Galicia 14/08/2011"



Resumo da regata na TVG