30 ago. 2011

Fin da Liga Galega de Traiñeiras do 2011

Este fin de semana a "Liga Galega de Traiñeiras" chegou a súa conclusión coa XVII Bandeira Concello de Vilagarcía realizada en Vilaxoán. A liga terminou seguindo a tónica habitual durante este ano, é dicir coa vitoria de Amegrove que gañou as 17 regatas da temporada; logrando así rebalidar o título de campión que xa lograra o ano pasado e batendo o record de vitorias consecutivas da liga. Detrás de Amegrove na xeral quedaron 2º Chapela e 3º Cabo da Cruz.



Nesta última regata a loita centrouse na loita polo 6º posto entre Mecos-Mondariz e Salgado-Perillo que partían empatados a 118 puntos; pero finalmente a 6ª posición foi para Salgado-Perillo que conseguía impoñerse a Mecos-Mondariz por 5 segundos.




Na parte baixa da clasificación a loita centrouse entre Rianxo, Mugardos e Puebla que partían con 61, 56 e 56 puntos respectivamente. Tras unha gran regata de Mugardos na que rematou 8º lograba asegurarse a 12ª posición con respecto a Rianxo e poñía en serios apuros a Puebla que por un punto conseguía manter a 11ª posición.




Destacar o bo desempeño do noso Club na súa primeira participación na LGT, que a pesar dun comezo bastante malo no mes de Xuño conseguía escalar postos gracias ós grandes resultados acadados durante Agosto.




Ó remate da regata realizouse un acto no que se fixo entrega das bandeiras os campións das ligas tanto masculina como feminina e entregáronse os premios de mellor patrón “Visqui” de Rianxo, mellor pica Gustavo Vázquez de Cabo e o equipo revelación que foi para Vilaxoán.




Galería Fotográfica "XVII Bandeira Concello de Vilagarcía" (58 fotos)
Galería Fotográfica "VIII Bandeira Concello de Ferrol" (21 fotos)

Clasificación da LGT "ligalgt.com"

El Dairio de Ferrol "Mugardos selló ayer la duodécima plaza en la general de la liga gallega" [29/08/2011]