5 ago. 2011

Entroido de Verán

O vindeiro domingo 14 de Agosto o Club do Mar de Mugardos xunto coa asociación Porto Magno organizarán en Mugardos o primeiro "Entroido de Verán", no que se realizarán diversos eventos de ámbito familiar durante todo o día.
Durante a celebración deste peculiar entroido realizaranse:
  • II Ruta de Verán do Club do Mar - Pulpeiros BTT, unha ruta de BTT duns 20 Km de introducción a bicicleta de montaña apta para toda a familia. A ruta partirá as 10.00 dende o Club e rematará no mesmo punto sobre as 12.45. O percorrido consta dun avitullamento a metade de camiño para repoñer forzas e agasallos ó final da ruta. Pode inscribirse no formulario de inscrición ou tamén en Decathlon Ferrol.
  • A idade recomendada para a actividade e partir dos 6 anos; pero para fomentar a iniciación na bici dos máis pequenos, os cativos que non realicen a ruta principal poderán participar nuha mini ruta que realizarase polo peirao de Mugardos e que non terá ningún costo asociado
    Colaboran coa ruta: 



  • Festa gastronómica do Polbo a Feira: dende as 12.30 aproximadamente en adiante venderanse racións de polbo a feira na carpa instalada diante do Club do Mar.
  • Xogos populares: cucaña marítima e tiro de corda, a partir das 17.00 (inscrición no Club do Mar unha hora antes dos xogos).
  • Música e Festa para os máis cativos: a partir das 20.30 música e animación destinada os nenos.
  • Música e festa: a partir das 22.00 en diante música e troula ata que o corpo aguante.


Ruta de este ano



Fotos da I Ruta de Verán, 2010.

La asociación PortoMagno y el Club do Mar de Mugardos lanzan un carnaval de verano "La Voz de Galicia 13/08/2011"

[Actualización 15/08/2011]

El Club do Mar de Mugardos aplaza el Carnaval de Verano a esta tarde debido a la lluvia "El Diario de Ferrol 15/08/2011"





Fotos da ruta de este ano

Galería fotgráfica da ruta (103 fotos)