5 jul. 2011

Bandeiras de Portonovo e Muros

O fin de semana pasado leváronse a cabo a segunda e a terceira regata da LGT a "I Bª Cofradía de Pescadores de San Roque Portonovo" e a "VI Bandeira Concello de Muros" os días 2 e 3 de Xullo respectivamente.
As dúas bandeiras víronse marcadas polo bo tempo con días calurosos e soleados e cun mar en perfecto estado para regatear. A presencia de público foi boa en ámbalas dúas regatas aínda que bastante maior na de Portonovo o tratarse dunha vila cun forte tirón turístico na época estival. Debido as altas temperaturas moitos bañistas puideron seguir as regatas dende as praias próximas mentras disfrutaban dun baño.




No eido deportivo Amegrove impúxose con autoridade nas dúas regatas afianzándose na posesión do mallot amarelo que distingue o primeiro clasificado na liga. A tres puntos os segue a traíña de Chapela que repetiron segundo posto nas dúas regatas.




Na parte baixa da clasificación Ares, Rianxo e Puebla empatan a 11 puntos seguidos por Esteirana con 9 e Mugardos con 3.




Galeria Fotográfica da Bandeira de Portonovo [51 fotos]
Galeria Fotográfica da Bandeira de Muros [32 fotos]

Resultados da Bandeira de Portonovo "LGT"
Resultados da Bandeira de Muros "LGT"

Vídeo : Breve resumo da Bandeira de Muros "TVG"