19 jun. 2011

Presentación da LGT

Onte, sábado día 18 de Xuño, celebrouse en Rianxo a presentación da "Liga Galega de Traiñeiras" na súa edición 2011 a que acudiron os 14 clubs participantes e un bo número de espectadores.
O cedo da hora para levar as traíñas a expoñer no evento e a regata de veteranos en honor a Xoubeiro, histórico patrón de Rianxo, fixo que varios clubs se animaran a entrear en Rianxo antes do comezo da presentación.




O acto de presentación celebrado na Praza de Castelao comezou as 21.30 horas e nel presentouse o calendario da liga, a novidade de un maillot amarelo que será lucido polo patrón da traíña que encabece a clasificación da liga e presentáronse as 14 tripulacións que remarán na liga de este ano. Destando como principal novidade a participación do Club do Mar de Mugardos por primeira vez na LGT.




 Na presentación tamén interviñeron Don Diego Portela presidente da liga e Don José Ramón Lete Lasa secretario xeral para o deporte para concluír o acto co sorteo das quendas para a primeira regata da liga que se disputará o día 26 de Xuño en Chapela, quedando as quendas da seguinte forma:
  • Quenda 1: Ares, Mecos, Amegrove
  • Quenda 2: Perillo, Mugardos, Esteirana
  • Quenda 3: Coruxo, Chapela, A Cabana, Cabo da Cruz
  • Quenda 4: Meira, Puebla, Vilaxoán, Rianxo
O acto presentado por Terio Carrera e amenizado polo cómico Federico Pérez Rey, Josito en "Padre Casares", foi dinámico e ameno en todo momento dando como resultado un gran acto de presentación, tan so ensombrecido pola hora en que se levou acabo. O tardío da hora fixo que os remeiros tiveran que pasar practicamente todo o día en Rianxo e a última hora notábase o cansancio en moitos deles.


Galería fotográfica (35 fotos)
Nova páxina da LGT
Breve resumo na TVG [Vídeo]