24 may. 2011

Un remeiro do Club do Mar na ultramaratón de "Los 10000 del Soplao"

Juan Rivas Matías, remeiro do Club do Mar, participou os pasados días 20 e 21 de maio na ultramaratón (125,22 Km) de "Los 10000 del Soplao" representando ó Club do Mar en tan esixente proba realizada en terras cántabras.

Na proba competiron tan so 100 corredores de todo o país debida a dureza dunha proba na que se comezou as 11 da noite e na que se percorren máis de 125 Km cun desnivel que vai desde os 122 metros sobre o nivel do mar os 1274 metros.

O tempo realizado por Juan foi de 22 horas 38 minutos e 7 segundos acadando o posto 45. Meritorio posto tendo en conta a gran diferencia existente entre dous deportes como son o atletismo de fondo e o remo de banco fixo.

Na proba de BTT tamén participou David Teijo Lista representando ó Club do Mar Pulpeiros BTT realizando un tempo de 14 horas 08 minutos 52 segundos.



Dende o Club do Mar gustarianos expresar a nosa felicitación a Juan e a David por tal proeza.



Ver Ultramaratón "Los 10000 del Soplao" en un mapa más grande

Clasificación "www.diezmildelsoplao.com"