31 mar. 2011

Xunta xeral do día 27/03/11

O pasado día 27 de marzo levouse a cabo a xunta xeral ordinaria do Club do Mar de Mugardos tal como se anunciara os socios. Á xunta celebrada na cantina do club acudiron un gran número de socios.
Seguindo a orde do día se discutiron os puntos preestablecidos:

  • Informe sobre a xestión do ano anterior.
  • Contas xerais e orzamentos.
  • Aceptouse por unanimidade a suba da cota, a cal pasa de de 2 a 3 euros mensuais.
  • Proxecto da sociedade para o ano 2011, sendo este punto o que acaparou máis atención por parte dos socios. Colleitando o maior número de preguntas a inquietude polas instalación do club e as opcións de mellora de estas.
  • Preguntas e suxestións.