23 ene. 2011

Resumo da Bici-Gymkana Indoor

Este sábado 22 de xaneiro o "Club do Mar - Pulpeiros BTT" levou a cabo a súa primeira Bici-Gmkana indoor. A participación sobrepasou os 40 rapaces do pobo e arredores que puxeron a proba as súas habilidades no circuito preparado no pavillón municipal.


O circuito estaba constituido por varias zonas que combinaban a destreza enriba da bici con outras zonas de puntería en diversos estilos como fútbol, hockey, baloncesto e bolos, e a máquina de remo (remoergómetro).




Despois dunha primeira tanda de entrenamento, na que se explicou o percorrido e se fixeron os entrenamentos libres, os rapaces tomaron unha merenda para enfrentarse con forzas a proba cronometrada.


Na proba cronometrada cada un dos rapaces competiu buscando o mellor tempo posible e intentando alcanzar os competidores que saíran diante.


Ó rematar a proba levouse a cabo o sorteo de material deportivo cedido por Giant patrocinador do evento.



Álbum fotográfico
Álbum fotográfico Facebook (74 fotos)
Prensa: "El Diario de Ferrol" 23/01/11 [PDF]