11 ene. 2011

Bici-Gymkana Indoor Club do Mar de Mugardos

O sabado 22 de xaneiro o "Club do Mar - Pulpeiros BTT" levará a cabo unha xincana ciclista a cuberto no pavillón deportivo municipal de Mugardos. O evento comezará as 16.30 e rematará as 18.30.

  • O evento está destinado a nenos de 6 a 12 anos e constará de diferentes circuitos, probas e niveis. 
  • Para a participación en dito evento é necesario que os participantes leven bicicleta e mais casco. 
  • A actividade é completamente de balde para todo os partipantes.
  • O final do evento sortearase material deportivo cedido por Giant patrocinador do evento.
A inscripción poderá realizarse no seguinte formulario, na cantina do club do Mar tódalas tardes a partir das 18.00 ou ben falando co teu pofesor de educación fíisica (nos colexios da zona). O prazo de inscrición remata o venres 14 de xnaeiro 21 de xaneiro as 19.00.

Formulario de inscrición.