24 oct. 2010

Evolución histórica do remo e historia do Club do Mar de Mugardos

[Artígo para a revista do Club do Mar da temporada 2003/04]

Quero resaltala dificultade para precisar as orixes exactas do remo de banco fixo. 0 certo é que tanto en Euskadi como Cantabria, Asturias ou Galicia este adopta o seu Carácter deportivo aló a principios de século.

Esta tradición deportiva mantén as súas raíces gracias tanto á natural competencia entre as vilas mariñeiras do litoral español dende Galicia, ata o sudoeste de Francia, como polo apoio e o fomento público, iniciado no Antigo Réxime a través da mítica Copa do Xeneralísimo Franco e mantido dende aquela época gracias ó apoio privado e institucional.

A nivel das competicións de traíñas, que remaban naquel entón. na honra da S.E. o Xefe do Estado español, en augas da ria de Coruña, alá por 1948, empezaron a destacar as traíñas María Pita e Rosalía de Castro, acadando Campionatos na Copa do Xeneralísimo a traíña María Pita.

Ano 1949 a traíña Fogar do Produtor de Mugardos, patroneada por Vázquez, acadou o sexto posto cun tempo de 25,15 minutos.

Ano 1950, A mesma traíña consegue a medalla de bronce patroneada polo mítico Luís Dieste ("Lucho"), cun tempo de 26,12 min. Nesta regata: había 12 clubs participantes.

Ano 1951 a mesma traíña do Fogar do Produtor consegue o sexto posto patroneada por Luís Dieste cun tempo de 22,10 min.



Ano 1952 cámbiaselle o nome a traíña por motivos que non quero resaltar aquí e pónselle o nome de "Educación y Descanso de Mugardos", patroneada por Rodríguez, realizando un tempo 21,11 minutos.

Anos 1953 e 1954. Non se celebrou o Campionato do Xefe do Estado Español. Por motivos que descoñezo algúns dos remeiros cambian para outras traíñas, como a Mariña de Guerra e a Empresa Nacional Bazán.
Aquí rómpese unha das tradicións de Mugardos. Dende aquel entón. 0 seu máximo esplendor en Galicia chega na década dos 60 e os 70,  feito avaliado pola consecución dos campionatos estatais de traíñas gañados por Meira e a Sociedade Deportiva Tirán (anos 1960 e 1961).

A partir desa época, no ano 1960 xorde a primeira agrupación de remeiros co nome da confraría de pescadores, participando nos xogos sindicais celebrados na capital de España, onde acadaron o subcampionato de bateis.

No ano 1962 fúndase o Club do Mar de Mugardos. Naquel entón saíu elixido presidente Don Luís Dieste. Quero resaltalo porque foi remeiro, patrón, cobrador, tesoureiro, adestrador e presidente. Sen el, non teríamos tantos logros. Nese mesmo ano quedamos Campións de Galicia nas Pontes de Garcia Rodríguez e acádase a medalla de bronce no Campionato de España de Bateis.

No ano 1963 comézanse a colleitalos maiores triunfos, sobresaíndo na categoría absoluta de homes na modalidade de bateis. Quedan campións de Galicia na regata celebrada no concello de Ares. E no campionato de España representando a Galicia pola Federación Galega de Remo nas augas de Avilés, consegue o seu primei Campionato, así como tamén como a Bandeira de España.


No ano 1964 o Club do Mar de Mugardos xa é coñecido por tódalas vilas de España. Os vascos, os Cántabros, asturianos e os mesmos galegos recoñecen que son os mellores. Son campións galegos de bateis na regata celebrada na ría de Cedeira, e volven representar a Federación Galega no Campionato de España de bateis Sénior que se celebrou en augas de Castropol en Asturias, sendo subcampións de España.

No ano 1965 inícianse as xestións para poder construílo local social e despois de moitas trabas. Comézanse as obras ese mesmo ano. Quedan de novo campións de Galicia en bateis sénior e proclámanse subcampións de España en iolas na categoría de Xuvenís, regata celebrada na cidade de Ferrol.

No ano 1966 repítese a historia, quedando campións galegos de bateis. En representación galega marchan para as augas da ria de Cedeira ante milleiros de persoas que se desprazaron de tódolos portos galegos e ante centos de afeccionados mugardeses se proclaman campións de España de bateis.

Nese mesmo ano, tiñamos tantos deportistas que creamos un equipo de balonmán. Clasificouse campión provincial, trofeo celebrado na Coruña, e desprázanse ós Campionatos de España que se celebraron en Madrid, acadando un notable Cuarto posto.

No ano l967 volven ser campións galegos de bateis e Subcampións de España de iolas, regata celebrada en augas de Santander.

Continúase coa Sección de balonmán.

No ano I968, o dia 23 de marzo, inaugúrase O local social reunindo en Mugardos as mais altas autoridades civís e militares de Galicia.

Continúanse colleitando medallas de prata e ouro no remo tanto en banco fixo como no banco móbil. Neste mesmo ano conséguese da Federación Galega de Boxeo os materiais para montar un ring, participando nos campionatos de España de peso medio, acadando o terceiro posto.
Tamén organizámolos campionatos comarcais de chave, onde fomos durante moitos anos os líderes na comarca. Tiñamos tantos afeccionados e colaboradores que decidimos abrir unha nova sección de actividades subacuáticas.



No ano 1969 somos campións de Galicia en bateis e continuamos coas actividades puxilísticas, participando nos campionatos de España de afeccionados.

Organízase o campionato de actividades subacuáticas.

En banco móbil somos subcampións de España en Outrigeer.

Aquí terminamos esta década como un dos mellores clubs de España. recoñecidos por tódalas vilas, non só no remo. Senón tamén nas outras actividades.

Ben queridos lectores/as espérovos poder contala seguinte década dos 70, que tamén colleitou varios logros, en sucesivas revistas.