8 ago. 2016

VII Festa de Verán do Club do Mar de Mugardos




Inscrición para a III Ruta BTT solidaria Cruz Vermella:
  • Na cantina do Club do Mar de Mugardos
  • No seguinte formulario (dispoñible en breve)

2 ago. 2016

Resultado da VI Bandeira Reganosa

Este pasado sábado 30 de xullo levouse a cabo a sexta edición da "Bandeira Reganosa" organizada polo Club do Mar de Mugardos coa inestimable colaboración de Reganosa, a que aproveitamos apara agradecerlle a súa colaboración durante todos estes anos.

Participaron na regata mugardesa os once equipos da Liga A da "Liga Galega de Traiñeiras 2016": S.D. Samertolameu, C.R. Ares, C.R. Puebla, C.R. Coruxo, C.M. Castropol, C.M. Bueu-Teccarsa, C.R. Mecos-Mondariz, C.R. Chapela, Amegrove C.R.D.C., C.R. Vilaxoán e C.R. Salgado-Perillo.

A asistencia de público foi moi boa, como nos anteriores anos, facendo da Bandeira Reganosa unha das regatas con maior asistencia de público da liga. O tempo con claros e nubes foi marcado por un forte vento do nordeste, o que fixo os longos en contra do vento bastante duros.

Ó remate da competición faríase coa Bandeira a S.D. Samertolameu que afianzaba a súa posición como primeira clasificada da Liga A, a 7 segundos entraba C.R. Ares e xa a 22 segundos C.R. Puebla.

Resultado da Bandeira

POSTOQUENDABOIACLUBTEMPO
31S.D. Samertolameu21'01".70
34C.R. Ares+0:07.87
32C.R. Puebla+0:22.88
33C.M. Castropol+0:34.30
23C.R. Coruxo+0:41.73
22C.R. Mecos-Mondariz+0:47.09
24C.R. Chapela+0:48.87
21C.M. Bueu-Teccarsa+1:00.88
11Amegrove C.R.D.C.+1:07.46
10º12C.R. Salgado-Perillo+1:48.75
11º14C.R. Vilaxoán+2:15.06

Unha vez que os árbitros comunicaron o resultado da Bandeira, Lucía García (Directora de Administración de Reganosa) entregáballe o patrón da embarcación de Meira a bandeira que os proclamaba como vencedores e Laura López Martínez (Responsable Xurídico e de Sostenibilidade de Reganosa) entregaballe o maiot de líder da Liga A.

28 jul. 2016

Presentación da VI Bandeira Reganosa de Traíñas

Hoxe, 28 de xulio, realizouse na Casa do Concello de Mugardos o acto de presentación da VI Bandeira Reganosa de Traíñas. A bandeira disputarase o vindeiro sábado 30 as 8.00 horas no peirao de Mugardos. Na proba pertencente a Liga Galega de Traiñeiras participaran as 11 traíñas que disputan a Liga A.



No acto de presentación participaron Lucía García (Directora de Administración de Reganosa), Mónica Martínez Regueiro (Concelleira da Comisión de Benestar, Igualdade e Sanidade do Concello de Mugardos) e Guillermo Pereira Coto (Presidente do Club do Mar de Mugardos), tamén asistiu Paula Morgade Carnero (Concelleira de Iniciativa Cidadá de Mugardos).